A Rolda de Rebeldía en video
Xa están colgados na internet os videos das distintas xeiras que tiveron lugar na Rolda de Rebeldía. Podedes velos na TeleIrmandiña
Xa están colgados na internet os videos das distintas xeiras que tiveron lugar na Rolda de Rebeldía. Podedes velos na TeleIrmandiña
"Non falar cos de fóra é enclaustrar o BNG". Xosé Manuel Beiras en declaracións a Galicia Hoxe, defende que a Rolda de Rebeldía foi un "éxito" porque logrou "recuperar" a interlocución do nacionalismo político cos movementos sociais e superar "desconfianzas". Beiras insta a dirección do Bloque a aproveitar a oportunidade para "restablecer a conexión" cos cidadáns.
Ler máis en Galicia-Hoxe
A todas e todos os que esteades interesadas/os na Rolda de Rebeldía deixámosvos o dosier previso da mesma:
http://www.altermundo.eu/rolda/images/DO...

No aniversario do natalicio de Castelao, terá lugar a primeira quenda da Rolda de Rebeldía, o vindeiro 30 de xaneiro no Hotel Compostela, da cidade homónima. Nun primeiro adianto de programa estableceuse unha intensa xornada en catro sesións, xirando ao redor dos eixes temáticos propostos. Cada sesión contará cunha mesa introdutoria e unha moderación que garantirá que o meirande peso no tempo o teña o debate dende o público. As inscricións poderanse realizar até o día 27 deste mesmo mes en: http://www.roldaderebeldia.org
Nos vindeiros días enviaremos información máis polo miúdo (horarios, recepción, etc).
Sesión 1: XEIRA DA PROCURA
É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre construírmos ese novo referente-suxeito político-social? E se así é, de que modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?
Intervencións introdutorias: Eduardo Rego, Xabier Macías, Xoán Hermida e Xavier Ron.
Modera: Imanol Dorca
Sesión 2: XEIRA DA IRMANDADE
Como crear as canles de comunicación, participación e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política? Cales son as esixencias da cidadanía e dos movementos sociais no eido da súa relación coas organizacións políticas?
Intervencións introdutorias: Antón Gómez-Reino (Tone), Manuel Casal Lodeiro, Xan Duro e Goretti Sanmartín
Modera: Lara Domínguez
Sesión 3: XEIRA DAS MIL VOCES
Que mecanismos e accións debemos emprender para afondar na creación de masas críticas que esixan un cambio radical do noso modelo de sociedade partindo da realidade galega de hoxe?
Intervencións introdutorias: Manuel Barreiro, Mónica Alzate, Luisa Ocampo e Xoán Carlos Carreira
Modera: Manoel Santos
SESIÓN 4: XEIRA PARTILLADA
Persoeiros do campo político debatirán co público as achegas e propostas recolleitas nas tres primeiras xeiras.
Intervencións introdutorias: Xosé Manuel Beiras, Carlos Morais, Carlos Aymerich, Paco Rodríguez (por confirmar) e Mariano Abalo
Rea Dianteira: membros de formacións (Movemento Galego ao Socialismo, Movemento pola Base, Causa Galiza, Esquerda Unida, PCPG...)
Modera: Iria Otero
MÁIS INFORMACIÓN:
Se queres enviar a túa achega non tes máis que facelo en: http://www.roldaderebeldia.org/index.php/component/jforms/2/91.html
Se queres inscribirte para participar na RdR: http://www.roldaderebeldia.org/index.php/component/jforms/1/90.html
O que di a xente <http://www.roldaderebeldia.org/index.php/achegas-e-reflexions.html>
A celebración da primeira xornada deste proceso de reflexión e de diálogo para a intercomunicación entre a esquerda social e política galegas xa ten data concreta. Por mor da nova data e a diversidade de persoas e colectivos a contactar por parte da Comisión, o prazo de inscrición será até o 15 de xaneiro.
Os contactos entre a Comisión da RdR e os diferentes corpos individuais e colectivos da esquerda continúan a bo ritmo e se estenderán, con diferentes formatos, até a celebracións desta o 30 de xaneiro. Por mor da enorme diversidade de persoas e colectivos a contactar por parte da Comisión, e coa intención de que ninguén se sinta excluído/a deste proceso de diálogo, o prazo de inscrición para participar permanecerá aberto deica o 15 de xaneiro de 2010.
A Rolda de Rebeldía procura crear un espazo de comunicación entre as organizacións políticas, sindicais, sociais e de base, así como os cidadáns e cidadás conscientes, que actúan en Galiza para unha común reflexión da realidade sociopolítica do noso pobo. Está aberto un proceso de diálogo, meramente organizativo, para chegar ao 30 de xaneiro, polo que a Comisión vén de crear un espazo web no que cadaquén pode achegar as súas opinións, contactar coa organización, inscribirse para o 30 de xaneiro, etc.
PARA INSCRIBIRSE NA RdR:
http://www.roldaderebeldia.org/index.php...
PARA ENVIAR ACHEGAS:
http://www.roldaderebeldia.org/index.php...
A proposta do Encontro Irmandiño de crear unha comisión de estratexia que deberá acordar as medidas concretas para a rexeneración do BNG e a recuperación do creto diante da cidadanía como forza transformadora e distinta, culminou hoxe coa aceptación de Xosé M. Beiras como responsábel da mesma. Queda por diante un inxente traballo de dialogo interno para poñer remedio ao acto fallido para a concordia e a rexeneración do BNG que supuxo a Asemblea Extraordinaria do 10 de maio. Temos que ser quen de acordar medidas e procesos internos que promovan a unidade, o respecto ao pluralismo e a apertura a sociedade.
Congruente coa apreciación de que a prioridade ten que ser a reconciliación do BNG coa súa base social, o Encontro Irmandiño presentou unha emenda ao PLANO DE TRABALLO E ESTRATEXIA MUNICIPAL, que foi aceptada en parte, acordándose abrir un proceso de reflexión seria e fonda para a laboración de listas para as eleccións municipais de 2011.
Por último, no PLANO DE TRABALLO DA COMISIÓN NACIONAL DE AGRICULTURA DESENVOLVEMENTO RURAL DO BNG, a UPG colou un parágrafo no que aludindo ás “organizacións sociais próximas” segue avanzando no propósito de distanciar ao BNG respecto do Sindicato Labrego Galego e dese xeito romper a histórica alianza e colaboración entrambas organizacións. É intolerábel que se traslade mecanicamente ao BNG a errónea decisión da UPG.
Non podemos consentir que ás caladas e sen un debate aberto e franco no conxunto do BNG, se pretenda impoñer a ruptura do BNG co SLG, unha decisión de transcendencia estratéxica e con toda seguridade moi perxudicial para o noso agro e para o propio BNG que pode ver moi diminuídos seus efectivos humanos no rural.
funcionando en WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes