Toca espertar e reflexionar

Despois de anos con resultados electorais vendidos como éxito cando ibamos en sostido descenso, temos que aterrar de súpeto porque a derrota sen paliativos nos estoupou nos fociños.

Que a derrota mude ou non en fracaso irreversíbel dunha ferramenta construída por milleiros de galegas e galegos do común ao longo de varios lustros, depende unicamente de que as afiliadas e afiliados do BNG esperten e saian do exilio domestico no que se atopa máis do 70% da afiliación.

Máis aló das responsabilidades persoais, é a estratexia a que compre revisar, previo rescate do BNG polo lexítimos dono que é a militancia nacionalistas e non a burocracia florida que goberna.

LCB

Chuzame! A Facebook A Twitter

10 reflexións sobre “Toca espertar e reflexionar

  1. Non existe escusa algunha para a dilación de responsabildades, tanto a nivel local como nacional. Os «tempos» ós que se refire o Sr. Quintana estaban previamente marcados por el mesmo cando afirmou que ante calquer retroceso do BNG abandonaría os seus cargos. A que espera? A remontar co voto emigrante?

    Tiña que ter dimitido no día de onte. Iso sería o máis honesto, o máis digno. Agora terá que escoitarnos cada día pedirlle que se vaía ata qu finalmente o faga, un día tras outro, ata nisto lle faltou elegancia.

    PD: Quero facer un apunte, no día de onte non so perdemos un deputado no Parlamento de Galiza senón tamén un Senador nas Cortes do Estado, cando estas se renoven, polo que é previsible que cando iso suceda nos quedemos sen representación nesa cámara.

  2. Tes razón Xosse. Esta semana teremos unha asemblea. Está atento á rolda de correo. Falaremos e, de paso, coñecerémonos en persoa.

  3. Pingback: chuza.org

  4. Gústame escoitar que ademais das responsabilidades persoais é necesario revisar a estratexia. Pero non esquezamos as responsabilidades individuais daqueles que capitalizaron o partido ata este punto. Sen dar nomes é necesaria unha limpeza total dos actuais responsables que durante a lexislatura comportáronse como novos ricos.

  5. Totalmente de acordo con BC. A UPG é responsábel por ter apoiado esta desfeita. Advertidos estaban, por activa e por pasiva. Non souperon escoitar, logo, non valen para representar á militancia. Que veñan outros que si saiban facer iso.
    A militancia é soberana. Que convoquen unha asemblea nacional xa e se esquezan do sistema de delegados/as que tanto desmobilizou á nosa organización.

  6. Permitídeme que opine dende fóra do Encontro pero dende dentro do BNG…
    Para min hai unha cousa fundamental, as decisións do BNG teñen que tomarse dentro do BNG e, no posible, completamente ao marxe do que digan os medios non nacionalistas…
    Un bo criterio pode ser escoitar o que diga a Coz e facer xusto o contrario…
    Na miña opinión, no BNG hai que debater moito durante os vindeiros oito meses e tomar as decisións que compran na Asemblea Nacional Ordinaria a celebrar a fin de ano.
    Iso si, non compre facer trampas, a isa Asemblea hai que acudir todo o mundo sin manipulacións previas e coa asistencia de toda a militancia que quera asistir, mediante un sistema de elección de delegados que sexa moi plural, por exemplo cun delegado por militante o por unha selección de delegados por un número mínimo de avais e non por listas pechadas e moi numerosas que fan na práctica imposible ou moi difícil formar listas alternativas as que monte o aparato actual…

  7. Nada de revisión. Refundación da esquerda nacional e soberanista!! O pobo non confiará novamente nas siglas que o defraudaron. O BNG morreu.

  8. Penso que a Executiva nacional debe dimitir e, a continuación, convocar unha asemblea nacional aberta a todo o mundo. Hai que recuperar o asemblearismo e desterrar o sistema de delegados.
    As políticas do BNG no goberno foron erradas esquecéronse da esquerda e sufrimos a debacle.
    Cumpre volver a comezar, recuperar o consenso e desterrar de unha vez por todas o sectarismo que lle tapou os ollos, as orellas e a boca á militancia.

  9. Despois de dous días baixo de moral, hoxe atópome con gañas de revolta. Coma noutros tempos enfundei o mono de traballo e creo xa estar preparado pra dar batalla.
    Eu acuso a aqueles e aquelas que nos separaron do movemento asociativo, dando golpes de estado alí por onde pasaban (ADEGA, A Mesa, SLG…), coa intención de aborregar e silenzar o tecido asociativo. Cousa que non coseguiron, e remítome ó FSG e a Galiza non se vende.
    Eu acuso a aquelas e aqueles que menospreciaron a militancia nacionalista dentro e fora do BNG.
    Eu acuso aquelas e aqueles que se avergoñaron dos seus sinais de identidade. Lembrade no acto do 25 aniversario do BNG non se cantou o himno, e cando o cantamos na cea do BNG chamáronnos radicais.
    Eu acuso aqueles e aquelas que antepuxeron os seus intereses persoais (ou de grupo) de medre ós intereses do Pais.
    ….
    Eu acúsome de non ter loitado con máis forza contra isto.
    Por iso pido perdón porque na actual situación hai un compoñente individual moi grande. Teñen culpa os que fixeron, teñen culpa as que calaron e temos culpa os que non loitamos con maior forza.
    Mais agora temos unha oportunidade de trocar as cousas. Primeiro punto de batalla: convocatoria dunha Asemblea Nacional (ollo! non confundir con Convención Nacional), na que toda a militancia redefina a estratexía, elixa novos e novas membros dos distintos orgaos do BNG e retomemos os principios ideolóxicos que rexían a fronte e nunca debimos abandonar.

  10. Despois de dous días baixo de moral, hoxe atópome con gañas de revolta. Coma noutros tempos enfundei o mono de traballo e creo xa estar preparado pra dar batalla.
    Eu acuso a aqueles e aquelas que nos separaron do movemento asociativo, dando golpes de estado alí por onde pasaban (ADEGA, A Mesa, SLG…), coa intención de aborregar e silenzar o tecido asociativo. Cousa que non coseguiron, e remítome ó FSG e a Galiza non se vende.
    Eu acuso a aquelas e aqueles que menospreciaron a militancia nacionalista dentro e fora do BNG.
    Eu acuso aquelas e aqueles que se avergoñaron dos seus sinais de identidade. Lembrade no acto do 25 aniversario do BNG non se cantou o himno, e cando o cantamos na cea do BNG chamáronnos radicais.
    Eu acuso aqueles e aquelas que antepuxeron os seus intereses persoais (ou de grupo) de medre ós intereses do Pais.
    ….
    Eu acúsome de non ter loitado con máis forza contra isto.
    Por iso pido perdón porque na actual situación hai un compoñente individual moi grande. Teñen culpa os que fixeron, teñen culpa as que calaron e temos culpa os que non loitamos con maior forza.
    Mais agora temos unha oportunidade de trocar as cousas. Primeiro punto de batalla: convocatoria dunha Asemblea Nacional (ollo! non confundir con Convención Nacional), na que toda a militancia redefina a estratexía, elixa novos e novas membros dos distintos orgaos do BNG e retomemos os principios ideolóxicos que rexían a fronte e que nunca debimos abandoar.