mai
20
2009
0

O Encontro Irmandiño condena a exclusión electoral de Iniciativa Internacionalista

A NOSA CANDIDATURA É A DO BNG PERO OPOÑÉMONOS Á EXCLUSIÓN ELECTORAL DE INICIATIVA INTERNACIONALISTA

O Encontro Irmandiño considera que o tempo ven dar a razón ao BNG cando se opuxo á Lei de Partidos Políticos

O Encontro Irmandiño manifesta o seu rexeitamento a que se impida presentarse ás Eleccións ao Parlamento Europeo á candidatura Iniciariva Internacionalista - A Solidariedade entre os pobos.
O Encontro Irmandiño considera que o tempo ven dar a razón ao BNG cando se opuxo á Lei de Partidos Políticos.
Non é compatíbel cun estado democrático a privación do dereito de sufraxio a quen non está persoalmente condenado por sentencia xudicial firme. A exclusións de milleiros de cidadáns e cidadás, impedíndolles o exercicio do dereito universal ao sufraxio libre, directo e secreto, crea de facto un gulag político que os demócratas estamos obrigados a condenar.
En consecuencia o Encontro irmandiño, por máis que non nos afecte directamente pois a nosa candidatura é a do BNG, amosa a súa oposición á exclusión electoral de Iniciativa Internacionalista, e quer expresar a súa solidariedade coas persoas que conforman esta Candidatura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
mai
20
2009
0

O Encontro Irmandiño de Ourense rexeita a ilegalización da candidatura Iniciativa Internacionalista

Dende o Encontro Irmandiño de Ourense rexeitamos calquera tipo de ilegalización de ideas que é o que se está a levar a cabo dende a aprobación da eufemística Lei de Partidos que se utiliza contra formacións políticas, coalicións e agrupacións electorais e organizacións sociais ou incluso agrupacións de electores sen vínculos partidarios.

Defendemos o pluralismo político fronte as ilegalizacións políticas de ideas de xeito, que aínda que defendamos o voto a unha fronte política, nunca botaríamos a ninguén da vida pública evitando que puideran presentarse ás eleccións, europeas, ou calquera outras sen restricción antidemocrática e en pé de igualdade con outras forzas para que sexa o pobo, soberanamente, quen decida.

Partindo da base de que nos opoñemos e condenamos calquera tipo de ilegalización de partidos políticos, parécenos claro que a anulación desta candidatura non está baseada en feitos xurídicos xa que ningún membro da mesma ten recortados xudicialmente o seu dereito ao sufraxio activo nen foi condenado por delicto ningún, senón que se utiliza a lexislación creada ad hoc dun xeito dirixista contra uns mentres que partidos que non condenan réximes franquistas ou outros que practicaron o terrorismo de estado ou incluso formacións feixistas líbranse da súa aplicación.

Sen acreditar para nada nos argumentos utilizados con outras formacións, ata hoxe con sede en Euskal Herría, pensamos que a escusa da non condena da violencia e da contaminación non está en absoluto fundamentada e que é soamente unha estratexia para estender o recorte dos dereitos fundamentais a unha candidatura que integra a membros de distintos lugares do Estado, entre eles, do noso país

Solicitamos que as organizacións de esquerdas, nacionalistas e soberanistas se sumen a condenar con firmeza este atentado contra a liberdade abrindo o camiño para a nosa libertación nacional e política.

Encontro Irmandiño de Ourense

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Ourense | Etiquetas, , , , , ,
mai
13
2009
0

A RAG e as políticas lingüísticas

A RAG deveria falar desde posições científicas, e fazer ver ao governo galego que se o decreto não era adequado, muito menos adequada é a sua derogação, e que as politicas realmente defensivas e conservacionistas hão de passar por CLARAS e ROTUNDAS políticas de discriminação positiva para a nossa língua, que são as políticas DEMOCRÁTICAS de verdade, não aquelas que se baseiam numa igualdade impossível e que vão encaminhadas a uma morte certa da nossa língua.

Máis en: El voto con botas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Novas de Prensa | Etiquetas, , ,
mai
10
2009
0

Resultado da Asemblea Nacional Extraordinaria 2009

Non pasou NINGUNHA emenda. O resultado numérico da asemblea nacional extraordinaria do BNG foi o seguinte:

Consello Nacional:

  • UPG: 23
  • MáisBNG: 18
  • Encontro Irmandiño: 7
  • MGS: 2

Executiva:

  • UPG+MGS: 8 membros (55% dos votos)
  • MáisBNG: 7 (44,9% dos votos)

Dende o Encontro Irmandiño de Ourense queremos felicitar e agradecer a todas e todos as compañeiras e compañeiros que colaboraron con nos na conformación das listas abertas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Ourense | Etiquetas, , , , ,
mai
06
2009
0

CANDIDATURA DE ENCONTRO para o Consello Nacional

Rematado o prazo para presentar candidaturas ao consello nacional, son catro as listas que concorren a Asemblea Nacional do 10 de maio.

O Encontro Irmandiño presentou a "CANDIDATURA DE ENCONTRO"

Ademais da candidatura encabezada por Xosé M. Beiras, presentáronse a Alternativa pola Unidade, Lealdade e Operatividade do BNG”,“Máis Alá” e “Máis BNG”

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Ourense | Etiquetas, , , , ,
mai
05
2009
0

O Encontro Irmandiño nega que haxa un pacto coa candidatura da UPG

O líder da corrente do BNG 'Encontro Irmandiño', Xosé Manuel Beiras, negou hoxe a existencia dun pacto xa pechado con 'Alternativa pola Unidade' -na que se aglutinan a Unión do Povo Galego (UPG) e militantes independentes a redor da candidatura de Guillerme Vázquez- e reprobou que os quintanistas pretendan "bipolarizar" a formación frontista.

Ler máis en El Correo Gallego

Ler máis en La Voz de Galicia

Ler máis en Vieiros

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Novas de Prensa | Etiquetas, , , ,
mai
03
2009
0

Asemblea das Listas Abertas

O vindeiro martes día 5 de maio ás 20:00 horas no Grándola (Praza de San Marcial) teremos unha asemblea de todas/os as/os compañeiras e compañeiros que participaron na candidatura de listas abertas da Asemblea Comarcal de ourense e terá a seguinte orde do día:

  • Preparación da Asemblea Nacional do BNG do próximo 10 de maio
  • Varios, rogos e preguntas
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Ourense | Etiquetas, ,
mai
01
2009
0

Potenciar o BNG: Bases de concordia para a rexeneración do BNG

Como consecuencia do batacazo electoral do 1 de marzo o BNG espertou á realidade da perda de apoios que veu sufrindo dende os últimos anos. A autocrítica xestual iniciada coa dimisión de toda a Comisión Executiva abriu o camiño para unha rexeneración imprescindíbel.

As dúas partes que integraban a dirección efectiva do BNG mudaron de linguaxe asumindo a necesidade de restaurar a relación fraternal cos movementos sociais, a recuperación dun papel activo para a militancia e a adxectivación do nacionalismo do BNG como de esquerdas.

Malia estarmos nun proceso electoral interno, máis parecido a unhas primarias americanas que a unha asemblea do BNG -e máis alá do que poda haber de mensaxe electoral nas mudanzas-, que todas e todos asuman agora que a militancia ten que valer para algo máis que para pegar carteis, que o nacionalismo do BNG é de esquerdas ou que no BNG collemos todas e todos, revela que a militancia reactivada está a ser escoitada por primeira vez en moitos anos.

Aínda así estamos ante unha “asemblea express” pero cunha temática a debate o suficientemente ampla como para poder corrixir erros e mudar rumbos. Todo iso a pesar de que o proceso de elección de delegados foi deseñado para beneficio dos grupos que detentaron o control do aparato do BNG e para prexuízo da militancia independente atomizada que nin sequera dispuxo do acceso ao censo de afiliación.

Nada hai decidido nin pechado. A amplitude do número de delegados tivo como resultado un corpo congresual que so nunha parte minoritaria está sometida a obediencia por moito que algúns reclamen fidelidade.

Ocorra o que ocorra coas cuestións centrais que imos tratar na Asemblea Extraordinaria, - recuperación do pleno Asemblearismo, elección directa da maioría Consello Nacional e comunicación horizontal -, hai xa coincidencia na autocrítica ao recoñeceren que os resultados electorais do 1 de marzo non obedeceron so a factores externos. Todos aceptan agora que ignorar as opinións dun 40% da militancia nos órganos de decisión ao tempo de os excluír das listas electorais, o distanciamento ou confrontación cos movementos sociais e a substitución do debate político nas localidades e comarcas polo mero envío de consignas e mensaxes electorais internos, provocaron o desapego dos segmentos máis activos da nosa base social e causaron a progresiva perda de apoios que ao cabo resultaron determinantes no desaloxo do BNG da Xunta de Galiza.

Mais non abondan estas coincidencias. Nesta Asemblea feita ás presas, é imposíbel acadar un consenso sobre dos axustes concretos que precisa o BNG para restaurar o modelo plural de 1.982 e moito menos, axeitalo á sociedade galega de 2009 se nin sequera temos abordado unha análise colectiva da mesma. Precisamos máis tempo, un proceso.

Queiramos ou non esa é a tarefa de axuste que o BNG abordará coa praxe, - análise, verificación práctica e valoración -, dende o 10 de maio ate a Asemblea Ordinaria do 2010. Queirámolo ou non haberá unha executiva proporcional e plural pois así o determinan os estatutos e independente da composición numérica final precisa dun mínimo consenso para que o batacazo electoral abra paso á recuperación e non á desfeita.

Ao noso entender, a unidade operativa que ten que acadar o BNG, a lealdade aos seus principios políticos e organizativos do BNG e se realmente queremos ter máis BNG para camiñar na liberación nacional e social dos cidadáns de Galiza, é imprescindíbel que todas as candidaturas que se presenten para a Executiva asumamos uns mínimos de concordia como compromiso nesta Asemblea Extraordinaria e como “folla de ruta” para a Asemblea Ordinaria de 2010.

O Encontro Irmandiño comprometerase no traballo político e no labor de dirección do BNG con quen asuma e comparta estes mínimos básicos:

Respectar o pluralismo interno. Dar cabida na vida orgánica e na representación institucional ao pluralismo e ás sensibilidades, organizadas ou non, dentro do BNG.

Recuperar a colexialidade dos órganos de dirección. Deixar ben claro que as responsabilidades individuais dos Secretarios fican sempre subordinadas á decisión do conxunto do órgano ao que pertencen. Por tanto:

O Portavoz Nacional será a expresión pública da colexialidade da Executiva e non un Secretario Xeral dun partido convencional.

Reafirmar a supremacía da organización sobre dos cargos institucionais .

Reforzar a vida asemblearia local como base da política horizontal do BNG . As asembleas locais e comarcais teñen que recuperar poder de decisión. A militancia non pode seguir ninguneada limitando o seu cometido a ratificar acordos da Dirección que mesmo ás veces chegan pola prensa no canto das canles internas.

Potenciar a integración de Galiza Nova no BNG .

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Ourense | Etiquetas, , ,

funcionando en WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes