ago
30
2009
0

Rolda de Rebeldía

Moitos e moitas coincidiredes en que os partidos políticos, que naceron para servir de pontes entre a cidadanía e a instancia política, e deste xeito canalizar as preferencias da soberanía popular, parecen hoxe inservíbeis nun sistema viciado e profundamente infrademocrático, por canto son fundamentalmente as elites político-económicas -e mediáticas- as que marcan a axenda das institucións decisorias.

Xa que logo, esas pontes tan necesarias -non parece que a imprescindíbel mobilización social, a política de abaixo, abonde para reconducir a desfeita provocada polo mundo economicista que nos goberna- están ou moi deterioradas ou rachadas de vez, cuestión que afecta especialmente a unha esquerda política perdida e sumida no descreto. Esta parece incapaz de asumir que, especialmente dende a irrupción dos movementos antiglobalización, xorde un novo suxeito histórico que xa non responde á homoxeneidade da clase obreira. A esquerda política foi avantaxada en pensamento e acción por unha esquerda social heteroxénea, cuxa axenda é as máis das veces antitética desa ideoloxía ultraliberal que logrou transformar a meirande parte da esquerda transformadora en socialdemocracia, ou esquerda liberal.

O Beiras leva insistindo na cuestión nos últimos anos e deixouno escrito na lúcida Declaración de Láncara, que lía en outubro de 2005 e que debería ser un breviario ideolóxico para os movementos sociais galegos. "Sen democracia participativa, a democracia representativa padece esclerose e deriva en oligarquía (?). Os partidos convértense en aparatos e as cámaras de representantes en cámaras de gas (?) Esta deriva perversa suscita a necesidade de reconstruír as pontes, ou construírmos pontes novas, entre a cidadanía e a instancia política (?) Mais as novas pontes terán que apousar os seus peares no tecido asociativo horizontal e diversificado da cidadanía, veiculizador e articulador dunha dinámica participativa (?)".

Se os partidos de esquerda clásicos non serven xa á esquerda social, cómpre construír outros referentes políticos, de abaixo arriba, para camiñar cara ao cambio radical do modelo de sociedade, cando menos mentres as instancias políticas sexan aínda cruciais. Boa parte da esquerda social galega carece destes referentes, que probabelmente nin sequera existen aínda en Europa e que de seguro ninguén é quen de estruturar mentalmente aínda. Co modelo clásico anquilosado, que tipo de organización política cómpre construír? É máis, cómpre construílo? Ten que ser o acceso ás institucións unha meta ou hai outros camiños? Debe a esquerda social edificar esquerda política?

Son preguntas aínda sen resposta. Mais preguntas urxentes. Iso é o que acaba de pór sobre a mesa o Encontro Irmandiño coa convocatoria, para outubro de 2009, dunha Rolda de Rebeldía, unha especie de concilio entre organizacións sociais e políticas galegas coa que se pode abrir unha primeira xanela para responder o máis axiña posíbel á terríbel inoperancia política que hogano murcha o país das galegas e dos galegos.

Fonte: Galicia-Hoxe

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Ourense | Etiquetas, ,
ago
30
2009
0

Quen somos?

Nacemos no proceso de debate da XII Asemblea do BNG como lista da citada asemblea para defender o asemblearismo que pretendía liquidar, como así aconteceu por unha diferencia de moi pouquiños votos, a maioría dominante no BNG.

Quen somosNa nosa 1ª Asemblea definimos a nosa concepción da política e na 2ª Asemblea decidimos converternos en corrente organizada dentro do BNG.

Somos e facemos BNG. Estamos nos órganos de dirección e asumimos as responsabilidades. Estamos a enfrontar esta situación dende a diferencia pero tamén dende a lealdade á organización. Se entramos é para traballar nas responsabilidades políticas que nos ten asignado a militancia.

Nós, entendemos a democracia non só como a decisión das maiorías senón tamén como o respecto escrupuloso das minorías. Aquí reside a tensión democrática que defendemos, porque senón acabamos por converter a política interna do BNG nunha dialéctica de alícuotas de poder excluíntes cando deberían ser inclusivas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Ourense | Etiquetas, , ,
ago
10
2009
0

‘Massó’, os desalmados e a resistencia

Manifestación de MassóSó a rebelión dos cidadáns unidos pode impedilo, dos cidadáns exercentes que dicimos non a esa nova metamorfose da tiranía legalizada, que praticamos a resistencia a tódolos seus desmáns. Ou sexa, que exercemos a democracia: "en cada esquina un amigo, en cada rostro a igualdade" -que cantara o Zeca Afonso. Xa.

Foi este primeiro sábado de agosto, á tardiña. Descéramos en auto polo mapa da Galiza abaixo, dende o Brión da Maía ao Cangas do Morrazo, o Cangas tamén da "María Soliña" que cantaran os mozos das "Voces Ceibes" hai ben anos xa, no tempo das loitas contra o fascismo opusdeísta español imperante no tardo-franquismo. Foramos agora convocados polos mariñeiros e aqueloutras xentes de ben do común que non aturan pasivamente falcatruadas do poder nen renuncian á resistencia. Sí, á resistencia cívica, ou sexa, a exerceren activamente como cidadáns a cotío e mobilizárense en defensa dos dereitos fronte ao poder cada vez que o poder esmaga os seus dereitos, en defensa da xustiza fronte á lei cada vez que a lei prostitue á xustiza. Porque nésas estamos, infelizmente. Un sistema depredador insaciábel que devora seres humáns e natureza para alimentarse, medrar e reproducirse a sí mesmo, como unha enorme planta carnívora que só ten vida vexetativa, mais nútrese de sustancia humán. Que cousifica tódolos valores enxendrados polas culturas dos povos para reducilos a un só, aquil que se cotiza nos desalmados mercados financeiros. Que instrumentaliza a lei e o dereito para pólos ao servizo da sua voracidade no canto de serviren para regular a vida social conforme a principios de xustiza e ben do común. Que, dende a sombra de despachos inaccesíbeis a ese común, dicta as suas ordes aos inquilinos das institucións dun irrisorio poder político, e os chantaxea e defenestra sen escrúpulo ningún no caso infrecuente de non obedecérenas. Que narcotiza todo canto pode as conciencias con toda caste de estupefacientes químicos e ideolóxicos para alienalas e escravizalas, para reducir aos seres humáns á condición de servos non-pensantes, de canciños-de-paulov movidos por instintos primarios e reflexos condicionados sempre ás ordes do seu amo, mesmo para que, chegado o caso -e adoita chegar a miudo- se devoren uns aos outros no canto de unírense para aniquilalo e liberárense desa tiranía. Mais, no entanto, hainos aínda que din non -"diguem no", cantaba o valencián Raimon ao unísono coas Voces Ceibes galegas- hainos aínda que se alistan na resistencia, hainos agora no Morrazo que aínda non esqueceron a María Soliña. Onda eses resistentes con memoria e dignidade fomos este primeiro sábado de agosto, na tardiña, pra defendermos o patrimonio natural fronte aos depredadores, os dereitos e a xustiza populares contra os ocultos xerarcas desalmados dun desalmado poder.

(máis...)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Novas de Prensa | Etiquetas, , ,
ago
01
2009
2

Por un nacionalismo de esquerdas ao servizo exclusivo da cidadanía

Logo do Encontro IrmandiñoPropoñémonos construír un Encontro Irmandiño que sexa o referente de esquerda real, transformadora e xa que logo antisistémico e sempre soberanista e soberano, internacionalista e antiimperialista e con espírito altermundista, cuxos tempos e anhelos non estean marcados polas axendas e os modos de funcionamento dos poderes hexemónicos.

Ver o texto completo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Written by irmandinhosourenseen: Nacional, Ourense | Etiquetas, , , , ,

funcionando en WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes