O pasado 14 de agosto publicouse na Voz de Galicia un artigo de opinión de Antón Feito (aka José Manuel Rubín) titulado As leccións do novo BNG no que se fala sobre o manifesto dos alcaldes e alcaldesas do BNG para actualizar o discurso e ampliar a base social.
É curioso que dende ese medio de comunicación e o autor en particular do artigo, se proceda á defensa a ultranza do único alcalde da provincia que non asinou o manifesto. Non descubrimos nada ao dicir que tamén é o único da UPG e isto coloca a La Voz de Galicia na asemblea nacional do BNG dentro das filas dunha das partes confrontadas.
Visto o historial dese xornal e dese xornalista en particular e as súas actitudes cara o nacionalismo galego caben dúas posibilidades:
- Que vira a luz e se fixera nacionalista e comunista e agora vexa as marabillosas virtudes da UPG. Esas que non viu cando estaban na Xunta. Esas do plano eólico, do Medio Rural,…
- Que os cartos inxectados dende o Concello de Ourense a través dos programas de publicidade institucional que dende as áreas da UPG se lle teñen dado a La Voz de Galicia teñan algo que ver.
Cando dúas posibilidades, en igualdade de condicións teñen as mesmas consecuencias, a máis simple ten máis posibilidade de ser correcta. Isto xa o dixo Ockham hai moito tempo. Se o aplicamos ao caso do Antón Feito e á Voz de Galicia vemos que hai un extenso historial de ataques a todas as partes do BNG que non están de acordo co modo de actuar da UPG.
Estamos logo ante o aluguer de mercenarios para unha confrontación. A contratación da edición ourensá de La Voz de Galicia por parte da UPG é utilizada para atacar a compañeiras e compañeiros de organización convertendo a este medio no think tank da UPG que será utilizado sistematicamente contra as correntes e partidos que compoñen o BNG. Isto é o que fan os que pregoan a unidade e a lealdade.

Pois en Galiza Nova-Ourense aos irmandiños faltouvos tempo para pactar unha lista conxunta coa UMG para intentar o asalto á comarca… a ver se somos un pouco coherentes co que dicimos
Concordo totalmente con Antón Feito (rubín). Paco García, que é a quen gaba, vale ao peso máis que todos os alcaldes que asinaron ese manifesto paleto. Porque? Os alcaldiños que asinan ese manifesto son xente ruín. Non os valoro como políticos, que ese sería o segundo chanzo, senón como persoas, son seres noxentos e iso contamina toda labor política que poidan realizar. O alcaldiño de Vilar de Santos ocupa dous cargos institucionais, a alcaldía e deputado provincial, Si fose da UPG xa o estavades a devorar. O outro alcalde paleto é o de Maceda, que nomeu fillo predilecto a freancisco novoa, da postal, o mesmo que cobra subvencións a nome da Asociación de Centros Amologados que el preside e que asocia as súas propias academias, para contratar orientadores que logo exercen como docente. FRAUDE! Ah 1! Por non falar dos cursos de Formación Ocupacional! Neles non se inviste en material o que a orde marca e o que se inviste a quen llo mercan? A o seus service postal! [Si é que ademáis este señor é patético] Ah 2! Sabíades que o fillo predilecto de maceda grazas ao caciquintanista xavier oviedo fai devover aos formadores ocupacionais que traballan para el parte da nómina que lle paga (a que establece a orde)? Si. É un segredo a berros que só ignoran en postal center … E que dicir do outra grancaciquintanista. Gran en todos os sentidos. Xurxo I de Castrelo que se adica a colocar a todolos amiguetes que pode no concello. Son paletos en tódolos sensos porque nin sequera saben facer iso, caciquear.
Que pinta aí Martiño!? Pois que carallo vai pintar… a mona. Ese día ben puido quedar na casa.
Unha cousa si teño clara, que de ter que elixir entre caciques, quédome con baltar. Entre nacionalistas, cos que de verdade o son e non coñezo ningún cacique que sexa nacionalista, que finxan selo moitos, pero que realmente sexan., NINGÚN!
Para xose:
Sabes ben que a UMG en Ourense non existe. Soamente unha persoa de toda GZNova na comarca se declara da UMG. Manipular dicindo que houbo un pacto entre grupos no caso que nos ocupa é ridículo.
xOsse Dorrio penso que perdes totalmente as formas insultando e facendo argumentos ‘ad personam’. Despois de entrar no teu blogue penso que se trata de rencillas que veñen de lonxe con dous rexidores en particular. O de Maceda e o de Castrelo.
Non tes razón co tema de Vilar de Santos. É condición ‘sine qua non’ ser concelleiro e deputado provincial. Todos os deputados provinciais deben ser concelleiros/as. Logo é perfectamente posíbel ser alcalde e deputado provincial. De feito saberás que Isabel Pérez, foi deputada provincial á vez que teniente de alcalde de Ourense.
Sobre o manifesto. Non comentas unha soa palabra. Teño que dicir que a min tampouco me acaba de convencer pero xamais rebatiría algo en base á xente que o asina. Parecería unha mostra da falla de argumentos.
Non se trata de ser concelleiro, senón alcalde, e con adicacion exclusiva. Sei moi ben cales son os requerimentos para ser deputado provincial. A Isabel Pérez si se lle critou a doble faceta de concelleira e deputada provincial por ir ligado o primeiro cargo a unha dedicación exclusiva. Dobre moral? Eu non a teño. Cunha abóndame. Es moi libre de defender o indefendible como eu de criticar o que me pareza, veña de máis adiante ou máis atrás (un cacique non se fai dun día para outro)
Tamén teño claro quen de verdade perden as formas e os principios en aras de quen sabe que intereses.
Do manifesto pouco hai que dicir pois pouco aporta… manifestos coma ese hai 20000 e mellor ter en conta os que din algo que os baleiros de contido. Sen embargo para min si é rebatible por quen o asina, por ser alcaldes, por prescindir de quen non o son, centos de candidatos que se bateron en prazas imposibles e que foron ninguneados por eses 18 elementos, minoría entre as minorías. Por lealdade a esas persoas que para min son a verdadeira alma do nacionalismo o meu máis basto rexeitamento a paletada nacional que supón ese manifesto.
Ah! E falei desas persoas para non repetir os nomes dos que fala Antón Feito. Repetirse é tontería, penso que cun «concordo» é suficiente.
Concordo totalmente con Antón Feito (rubín). Paco García, que é a quen gaba, vale ao peso máis que todos os alcaldes que asinaron ese manifesto paleto. Porque? Os alcaldiños que asinan ese manifesto son xente ruín. Non os valoro como políticos, que ese sería o segundo chanzo, senón como persoas, son seres noxentos e iso contamina toda labor política que poidan realizar. O alcaldiño de Vilar de Santos ocupa dous cargos institucionais, a alcaldía e deputado provincial, Si fose da UPG xa o estavades a devorar. O outro alcalde paleto é o de Maceda, que nomeu fillo predilecto a freancisco novoa, da postal, o mesmo que cobra subvencións a nome da Asociación de Centros Amologados que el preside e que asocia as súas propias academias, para contratar orientadores que logo exercen como docente. FRAUDE! Ah 1! Por non falar dos cursos de Formación Ocupacional! Neles non se inviste en material o que a orde marca e o que se inviste a quen llo mercan? A o seus service postal! [Si é que ademáis este señor é patético] Ah 2! Sabíades que o fillo predilecto de maceda grazas ao caciquintanista xavier oviedo fai devover aos formadores ocupacionais que traballan para el parte da nómina que lle paga (a que establece a orde)? Si. É un segredo a berros que só ignoran en postal center … E que dicir do outra grancaciquintanista. Gran en todos os sentidos. Xurxo I de Castrelo que se adica a colocar a todolos amiguetes que pode no concello. Son paletos en tódolos sensos porque nin sequera saben facer iso, caciquear.
+1
Os argumentos ad hominem demostráronse falacia xa dende a antiga Grecia. Os argumentos dunha persoa refútanse dende o que din non dende quen os di.
Dous mil anos despois aínda hai quen se aproveita das falacias para facer retórica. Non vale. Denota falla argumentativa
Como deberíamos saber, a temeraria miopía da UPG só é explicable (non xustificable), na necesaria colocación do seu «funcionariado» e no pagamento obrigado das súas «peaxes». O problema é que en cáseque todas as políticas «cortoplazistas» o resultado obtido fica lonxe do desexado (mais ven do que se quere «vender» demagóxicamente como desexado) .
Velaí así os «logros» da UPG no nacionalismo galego e a fenda, tamén coa propia sociedade, dificilmente recuperable. Quedámonos sen «unión», sen «pobo», e cáseque sen «galego».
O da «coz» é outro exemplo mais, visto logo o tratamento dado a outras novas e o ataque voraz e continuo ao propio BNG na cidade (por certo que non sei por qué os «responsables» da organización non toman cartas neste asunto, como se fixo con outros medios no seu día, que llo digan a Isabel ).
Os alcaldes poden ser das poucas pontes que nos queden para salvar esa fenda da que falaba antes. A súa voz (voz dos veciños, a parte da dos militantes, non olvidemos isto), merece ser escoitada e respeitada, e se esto non se logra «orgánicamente», o único problema do famoso manifesto é o de sempre: a diverxencia coa liña predibuxada non se sabe moi ben por quén, ou ¿si?. Se hai obstáculos no camiño, mellor dinamitar que buscar un trazado alternativo. Mellor «depurar» que pensar. Mais vale poucos (e «leales», eso si), que moitos e que pensen de mais.
Tristemente, penso que os rencores personais e a natureza humana (por dicilo dalgún xeito) están na base de moitos deses problemas. Tamén vexo algo disto nos comentarios anteriores. E xa aproveitando, Xose, aínda que non sei moi ben qué ten que ver, pero o de Galiza Nova Ourense é FALSO
Concordo totalmente con Dopoboegalego
Os da UPG levan toda a vida onde están grazas aos seus liberados sindicais da CIG, teñen moito tempo para rascar a cona e poden adicarse ben ao control das asambleas locais e comarcais -despos co tempo que sobre, a defender os dereitos dos traballadores, nesa orde de prioridades. Hai que recoñecer que curran moito e son moi organizados, o malo é que tanto curro e tanta organización están sempre antes ao servizo do seu tinglado que do pais. Ese é o problema. A mala imaxe que ten o BNG na sociedade galega (ridículo 11% dos votos hoxe en día) non é tanto polo seu enfrontamento interno -será que non o teñen o PSdG e o PP, por favor!- senón en maior grao por culpa do seu enrocamento na tontería sectaria, que xa non convence a ninguén máis que a eles mesmos. O partido do NON, chámannos, así nos vai, a así seguirá indo ata que queden sos e se autoconsuman na súa endogamia política. Pero claro, a chorismicar de que a culpa de todo sempre é de Beiras, dos medios de comunicacón hostiles, do complot xudeo-masónico, e dos reptilianos extraterrestres.
Concordo co dito por Xesús. Así se fala