A Rolda de Rebeldía en video
Xa están colgados na internet os videos das distintas xeiras que tiveron lugar na Rolda de Rebeldía. Podedes velos na TeleIrmandiña
Xa están colgados na internet os videos das distintas xeiras que tiveron lugar na Rolda de Rebeldía. Podedes velos na TeleIrmandiña
"Non falar cos de fóra é enclaustrar o BNG". Xosé Manuel Beiras en declaracións a Galicia Hoxe, defende que a Rolda de Rebeldía foi un "éxito" porque logrou "recuperar" a interlocución do nacionalismo político cos movementos sociais e superar "desconfianzas". Beiras insta a dirección do Bloque a aproveitar a oportunidade para "restablecer a conexión" cos cidadáns.
Ler máis en Galicia-Hoxe
A todas e todos os que esteades interesadas/os na Rolda de Rebeldía deixámosvos o dosier previso da mesma:
http://www.altermundo.eu/rolda/images/DO...

No aniversario do natalicio de Castelao, terá lugar a primeira quenda da Rolda de Rebeldía, o vindeiro 30 de xaneiro no Hotel Compostela, da cidade homónima. Nun primeiro adianto de programa estableceuse unha intensa xornada en catro sesións, xirando ao redor dos eixes temáticos propostos. Cada sesión contará cunha mesa introdutoria e unha moderación que garantirá que o meirande peso no tempo o teña o debate dende o público. As inscricións poderanse realizar até o día 27 deste mesmo mes en: http://www.roldaderebeldia.org
Nos vindeiros días enviaremos información máis polo miúdo (horarios, recepción, etc).
Sesión 1: XEIRA DA PROCURA
É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre construírmos ese novo referente-suxeito político-social? E se así é, de que modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?
Intervencións introdutorias: Eduardo Rego, Xabier Macías, Xoán Hermida e Xavier Ron.
Modera: Imanol Dorca
Sesión 2: XEIRA DA IRMANDADE
Como crear as canles de comunicación, participación e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política? Cales son as esixencias da cidadanía e dos movementos sociais no eido da súa relación coas organizacións políticas?
Intervencións introdutorias: Antón Gómez-Reino (Tone), Manuel Casal Lodeiro, Xan Duro e Goretti Sanmartín
Modera: Lara Domínguez
Sesión 3: XEIRA DAS MIL VOCES
Que mecanismos e accións debemos emprender para afondar na creación de masas críticas que esixan un cambio radical do noso modelo de sociedade partindo da realidade galega de hoxe?
Intervencións introdutorias: Manuel Barreiro, Mónica Alzate, Luisa Ocampo e Xoán Carlos Carreira
Modera: Manoel Santos
SESIÓN 4: XEIRA PARTILLADA
Persoeiros do campo político debatirán co público as achegas e propostas recolleitas nas tres primeiras xeiras.
Intervencións introdutorias: Xosé Manuel Beiras, Carlos Morais, Carlos Aymerich, Paco Rodríguez (por confirmar) e Mariano Abalo
Rea Dianteira: membros de formacións (Movemento Galego ao Socialismo, Movemento pola Base, Causa Galiza, Esquerda Unida, PCPG...)
Modera: Iria Otero
MÁIS INFORMACIÓN:
Se queres enviar a túa achega non tes máis que facelo en: http://www.roldaderebeldia.org/index.php/component/jforms/2/91.html
Se queres inscribirte para participar na RdR: http://www.roldaderebeldia.org/index.php/component/jforms/1/90.html
O que di a xente <http://www.roldaderebeldia.org/index.php/achegas-e-reflexions.html>
A celebración da primeira xornada deste proceso de reflexión e de diálogo para a intercomunicación entre a esquerda social e política galegas xa ten data concreta. Por mor da nova data e a diversidade de persoas e colectivos a contactar por parte da Comisión, o prazo de inscrición será até o 15 de xaneiro.
Os contactos entre a Comisión da RdR e os diferentes corpos individuais e colectivos da esquerda continúan a bo ritmo e se estenderán, con diferentes formatos, até a celebracións desta o 30 de xaneiro. Por mor da enorme diversidade de persoas e colectivos a contactar por parte da Comisión, e coa intención de que ninguén se sinta excluído/a deste proceso de diálogo, o prazo de inscrición para participar permanecerá aberto deica o 15 de xaneiro de 2010.
A Rolda de Rebeldía procura crear un espazo de comunicación entre as organizacións políticas, sindicais, sociais e de base, así como os cidadáns e cidadás conscientes, que actúan en Galiza para unha común reflexión da realidade sociopolítica do noso pobo. Está aberto un proceso de diálogo, meramente organizativo, para chegar ao 30 de xaneiro, polo que a Comisión vén de crear un espazo web no que cadaquén pode achegar as súas opinións, contactar coa organización, inscribirse para o 30 de xaneiro, etc.
PARA INSCRIBIRSE NA RdR:
http://www.roldaderebeldia.org/index.php...
PARA ENVIAR ACHEGAS:
http://www.roldaderebeldia.org/index.php...
Na procura dun referente políticosocial para camiñarmos cara un cambio radical do modelo de sociedade e unha outra Galiza posíbel
Como moitas e moitos saberedes, desde o Encontro Irmandiño (EI) vimos de anunciar un decidido e necesario Vieiro co que pretendemos iniciar un rebelde andar na procura de novos mecanismos, tanto organizativos coma de acción política e social, para camiñarmos cara un cambio radical deste modelo de sociedade, que mudou nun nocivo sistema, profundamente insolidario, depredador, infrademocrático e extremadamente dominado polas elites político‐económicas e mediáticas, no que a soberanía popular ficou tan esquecida como desprezada.
Dentro deste Vieiro unha das pezas básicas é a Rolda de Rebeldía, coa que pretendemos iniciar un proceso de busca dunha organización político‐social que transcenda o inservíbel modelo clásico e que estea á altura das esixencias políticas da esquerda social do noso país.
A dita Rolda, un gran debate político que pretende reunir a meirande representación posíbel da esquerda política transformadora e da esquerda social galegas, acontecerá a finais de novembro ou principios de decembro deste ano, cun formato, data e lugar por definir entre os e as participantes e cunha base de tres eixes temáticos fundamentais, que esperamos ampliar ou enriquecer coas vosas achegas:
Nesta mesma mensaxe engadimos unha carta na que explicamos o que para nós debería ser a Rolda de Rebeldía, mais entendemos que un debate tan complexo debería ser coorganizado polas moitas mentes que na Galiza reclaman ese cambio radical do modelo de sociedade. É por isto que queremos animar á cidadanía e aos movementos sociais de esquerdas do país noso a participar nunha rebeldía que debemos construír entre todas e todos nós.
UNHA PRIMEIRA PROPOSTA
Invitámosvos por tanto a compartirmos este proceso do que daremos cumprida conta a medida que, coas vosas achegas e disposición a participar tanto na organización como no desenvolvemento deste importante debate político, se vaia definindo organizativamente.
Do diálogo nace o entendemento e do entendemento os mecanismos para avanzarmos en obxectivos comúns. Sen límites, sen medo a experimentar, sen utilizacións e con atrevemento e sinceridade.

funcionando en WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes